O Concello de Rubiá agasalla aos nenos do CEIP Virxe do Camiño con libros en galego

Esta iniciativa enmárcase dentro da celebración das Letras Galegas neste municipio valdeorrés

Os alumnos do CEIP Virxe do Camiño de Rubiá vivían un recreo moi especial na mañá do 16 de maio. Con motivo da celebración das Letras Galegas, recibían unha visita e algunhas sorpresas. Un representante do Concello de Rubiá, Ricardo Soto, achegábase ata o centro para agasallar a cada un dos seus alumnos con libros escritos en galego.

Alumno por alumno, ialles entregando unha bolsa que contiña diversos volumes adaptados á idade de cada un deles. Nada máis recibila, os nenos, con suma satisfacción, abríana e comezaban a botarlle unha ollada aos libros que contiña.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

Alumnos mirando os libros en galego que recibían como agasallo do Concello.

Scroll To Top

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies