ConcellosRubiáÚltima hora

O Concello de Rubiá celebra as Letras Galegas agasallando con libros á biblioteca do colexio

 

Cara os máis pequenos diríxese a celebración das Letras Galegas en Rubiá. Así o 22 de abril o alumnado do CEIP Virxe do Camiño recibía xa como agasallo do Concello o conto ilustrado “O estraño ser”, con texto en galego de Eva Iglesias e ilustracións de Eva Piay.

E nesta véspera das Letras Galegas o Concello vén de agasallar á biblioteca deste centro con varios libros en galego. Era entregados no colexio polo alcalde de Rubiá, Elías Rodríguez, e pola concelleira de Cultura, Laura Iglesias.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button