ConcellosRubiáÚltima hora

O Concello de Rubiá celebra o Día das Letras Galegas agasallando con libros ao alumnado do colexio

Publicidade

 

Un ano máis, dende o Concello de Rubiá celebrarase o Día das Letras Galegas cun agasallo moi especial para os escolares do municipio: un libro. Neste mércores 12 de maio a concelleira Laura Iglesias visitaba o CEIP Plurilingüe Virxe do Camiño para facerlle entrega, en bolsas individuais, de libros en galego (adaptado ás idades dos escolares) a cada dun dos grupos do centro.

Os rapaces recibían encantados este xesto e mesmo había algúns que xa se poñían a ler o libro nada máis entregarllo.

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button