CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

O Concello de Rubiá facilitará a impresión do material escolar para que os nenos poidan continuar en casa coas tarefas do colexio

Cativos diante do Concello de Rubiá nun acto contra a violencia de xénero. /Foto cedida.

 

Nesta situación de crise sanitaria, social e económica provocada polo coronavirus, toda axuda é pouca, por iso dende as entidades locais están tomando medidas que minimicen o impacto.

Nese sentido, dende o Concello de Rubiá veñen de emitir un bando para informar á poboación de que, co fin de axudar ás familias con rapaces en idade escolar “para que poidan facer as tarefas e materias que lles envían dende a escola”, facilitará a impresión do material escolar que reciban “para poder continuar coas clases se non dispoñen de impresora na casa”.

Segundo se indica no bando, pódese enviar o material por correo electrónico (concelloderubia@gmail.com) e no Concello encargaranse de imprimilo e facelo chegar á casa.

Artigos relacionados

Back to top button