ConcellosÚltima hora

O Concello de San Cibrao ampliará o alumeado público no acceso ao polígono

[/dropcap]O alcalde firma un convenio coa conselleira de Infraestruturas para levar a actuación, que contará cun presuposto de 40.000 euros[/dropcap]
A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, tras asinar un convenio de colaboración co alcalde de San Cibrao das Viñas, Manuel Pedro Fernández.
A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, tras asinar un convenio de colaboración co alcalde de San Cibrao das Viñas, Manuel Pedro Fernández.

O Concello de San Cibrao das Viñas ampliará o alumeado público no acceso ao polígono industrial. Así se deduce tras a firma do convenio que realizaron tanto o alcalde da localidade, Manuel Pedro Fernandez, como a conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez. Esta última en representación da administración autonómica, que aportará fondos para financiar a instalación, valorada en algo máis de 40.200 euros.

As actuacións suporán unha mellora da seguridade viaria na zona, concretamente na estrada OU-538 Noalla (N-525)- área industrial.

Segundo este acordo, o Concello de San Cibrao obrígase a asumir a explotación, o mantemento e a titularidade do alumeado e a Xunta asume o compromiso de realizar a instalación e posta a punto do tendido eléctrico.

Artigos relacionados

Back to top button