ConcellosÚltima hora

O Concello de San Xoán de Río acorda o “peche absoluto das dependencias municipais”

A medida aplicarase a partir deste 13 de marzo e ata que "a situación mellore"

Exterior do Concello de San Xoán de Río.

 

Dende o Concello de San Xoán de Río vén de anunciarse a través dun bando informativo “o peche absoluto das dependencias muncipiais” dende este 13 de marzo e “ata que a situación mellore”.

Tamén se matiza que as “comunicacións co Concello serán de maneira telefónica (988 346002), por correo electrónico (concello@concellosanxoanderio.com) ou por whatsapp 627 78 08 91”, tal e como indica no bando asinado polo alcalde, Xosé Miguel Pérez Blecua.

Sinálase asemade que “para temas extremadamente urxentes porse en contacto a través dalgún destes tres medios e buscarase unha solución personalizada”.

O rexedor de Río indica asemade que “sentimos as molestias que isto poida ocasionar pero preferimos previr que lamentar. Actualmente somos unha zona libre do coronavirus (COVID-19) e queremos seguilo sendo, polo tanto, esiximos a toda a xente que veña de fóra a San Xoán de Río, especialmente dos focos do virus, a que extreme as precaucións e pase un tempo de illamento na súa casa antes de porse en contacto cos veciños que viven todo o ano en San Xoán de Río. E lembramos que non se recomenda viaxar a non ser que sexa estritamente necesario”.

Artigos relacionados

Back to top button