ConcellosSan Xoán de RíoÚltima hora

O Concello de San Xoán de Río pásase á administración electrónica

 

Modernizar a xestión administrativa e ofrecer á cidadanía a posibilidade de relacionarse coa Corporación vía telemática. É o obxectivo da administración electrónica que se está a implementar neste consistorio. “Constitúese así un Concello pioneiro en ofrecer o que se considera un novo servizo público, do cal se poderán beneficiar de forma especial tanto todos aqueles cidadáns que teñen dificultades para chegar ás oficinas públicas por diferentes motivos (localización xeográfica, condicións físicas de mobilidade, etc)., así como os suxeitos que, por Lei, están obrigados a relacionarse coa administración, exclusivamente por medios electrónicos”, tal e como informa esta administración local.

As novas tecnoloxías van supor a desaparición das esperas no Concello e a redución do número de desprazamentos para realizar trámites administrativos. Ademais, os cidadáns de San Xoán de Río beneficiaranse tamén da mellora que implica a xestión electrónica de expedientes, como a redución dos tempos de tramitación e a racionalización nos procesos.

 

 

 

“A aplicación chámase XESTIONA e integra na mesma ferramenta un módulo para a xestión electrónica de expedientes, rexistro de entradas e saídas tanto para trámites manuais como electrónicos, oficina virtual, portal de transparencia… e un longo etcétera que se cumprimenta cun gran abano de integracións coas plataformas de xestión administrativa da Administración Xeral do Estado. Caracterízase pola súa sinxeleza e facilidade de uso tanto para o funcionario como para o cidadán, pero encerra tras se a máis nova tecnoloxía, cumprindo con todos os requisitos aos que obriga a Lei”, segundo se informa dende o Concello de San Xoán de Río.

O persoal do Concello xa recibiu formación para poder desenvolver o seu traballo de “xeito dixital e olvidar o papel, ademais de para ofrecerlle os veciños un mellor servizo e que poidan realizar as súas xestións telematicamente”, indica o rexedor de Río, Xosé Miguel Pérez. A formación continuará no mes de outubro.

Artigos relacionados

Back to top button