ConcellosSoberÚltima hora

O Concello de Sober abre o prazo para solicitar becas de axuda ao transporte universitario

As persoas interesadas poderán presentar as súas peticións ata o vindeiro 22 de outubro

Casa do Concello de Sober./ Foto cedida.

 

O Concello de Sober vén abrir o prazo para solicitar as becas de axuda ao transporte universitario. Así o explica o alcalde, Luis Fernández Guitián, quen sinala que “os interesados e interesadas dispoñen ata o 22 de outubro para poder cursar as súas peticións”.

Guitián informaba tamén de que os trámites para solicitar as becas poderán levarse a cabo no Concello ou na Oficina de Información Xuvenil de Sober.

A documentación que se debe achegar é un certificado de matrícula na Universidade correspondente, o certificado de número de conta bancaria e o certificado de empadroamento.

O rexedor animou a todos os alumnos e alumnas nados en Sober que estean cursando nestes momentos estudos universitarios a optar as becas de axuda ao transporte “que supoñen unha achega máis para axudar aos nosos mozos e mozas a continuar cos seus estudos”, indicou.

Artigos relacionados

Back to top button