ConcellosÚltima hora

O Concello de Sober cambiará 940 luminarias por LEDs

O goberno local aprobouno nun pleno delebrado onte día 4 de xuño

O Concello de Sober cambiará 940 luminarias por LEDs. O goberno local aprobouno onte, día 4 de xuño, nun pleno. Consiste en dous proxectos de renovación dos alumeados públicos, cun investimento de 375.000 euros, sendo o 80% unha achega do IDAE do Ministerio de Industria.

 

Farol LED.

 

Así, ademais de cambiar as luminarias de sodio e mercurio por lámpadas LED, vanse unificar varias subministracións. Isto tradúcese en 20 contadores menos. O alcalde Luis Fernández Guitián afirmaba que estas obras permitirán que o 100% do Concello quede renovado a LED ou aloxenuro e así a contaminación lumínica quedaría nun nivel insignificante.

Estas obras iniciáronse con axudas do INEGA, organismo dependente da Consellería de Industria, e nos últimos anos cambiáronse un total de 1.300 luminarias aproximadamente. Así, nos próximos cambios, as obras realizaránse nas parroquias de Amandi, Doade, Lobios, Santiorxo, Brosmos, Figueroá, Bolmente, Barantes, Liñarán, Rosende, Vilaescura e San Martiño de Anllo.

Texto: Alba Prada

Artigos relacionados

Back to top button