ConcellosSoberÚltima hora

O Concello de Sober contará cun expositor propio en Xantar

O día 3 de novembro estará dedicado á localidade e haberá unha degustación de viño de Amandi, rosca de Sober e queixos das diferentes D.O. protexidas de Galicia

Stand do Concello de Sober nunha edición anterior da feira Xantar, en Expourense./ Cedida.

 

O Concello de Sober contará un ano máis cun stand propio na Feira ‘Xantar, 22º Salón Internacional de Turismo Gastronómico’, que se celebrará do 3 ao 7 de novembro en Expourense, na cidade das Burgas. Deste xeito este concello segue fiel a esta cita que utiliza para “darse a coñecer ante miles de visitantes como un destino próximo, completo e único”.

O día 3 de novembro será o día dedicado a Sober e haberá unha degustación de viño de Amandi e rosca de Sober con queixos das diferentes D.O. protexidas de Galicia.

O Concello de Sober aproveitará o stand para promocionar os seus principais atractivos turísticos, entre os que destaca o seu emprazamento na Ribeira Sacra o que lle outorga incribles paisaxes; os seus miradoiros, os seus afamados viños de Amandi, que pertencen á D.O. Ribeira Sacra e outros atractivos, como a olería de Gundivós, o seu románico rural a súa oferta en aloxamentos rurais e locais de hostalería e restauración.

Artigos relacionados

Back to top button