ConcellosSoberÚltima hora

O Concello de Sober continúa co seu campamento de verán

Os nenos de "Coñece o teu Concello" desfrutaron das piscinas municipais e de diversas actividades

 

O campamento municipal de Sober (Lugo) continúa coas súas actividades. Durante a semana pasada, bautizada como “Surcando o Sil”, os nenos puideron desfrutar de xogos e actividades así como das piscinas públicas da localidade.

Estas actividades enmárcanse dentro da cuarta edición de “Coñece o teu Concello”, un campamento de verán para nenos de entre 4 a 12 anos organizado polo Concello de Sober e que ten lugar todos os martes, mércores e xoves deste mes de xullo, de 10:30h a 13:30h.

Fotos: cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button