ConcellosÚltima hora

O Concello de Sober dará comezo o xoves á campaña de vacinación canina

Os interesados deberán chamar ó número do veterinario do recorrido, Xosé Tomé, o día que se efectúe a vacinación na súa parroquia  

Foto: Carlos G. Hervella.

 

Dende o Concello de Sober infórmase de que esta semana vaise iniciar a campaña anual de vacinación da rabia, identificación, e desparasitación canina no termo municipal.

A campaña é voluntaria, pero recórdase aos propietarios de cans que segundo o Decreto 90/2002 (DOG nº 63 de 2/4/2002), dende o ano 2002 é obrigatorio sen excepción ter os cans identificados con microchip.

Igualmente, dende o ano 2008, pola publicación do Decreto 94/2008 (DOG nº92 do 14/5/08), establécese o pasaporte ou cartilla sanitaria para os cans en Galicia. Este pasaporte está vinculado aos cans identificados legalmente con microchip.

“A vacinación farase casa por casa, por estar prohibida a concentración de cans. Os interesados deberán chamar ó número do veterinario do recorrido, Xosé Tomé – 689 10 35 94-, o día que se efectúe a vacinación na súa parroquia. A campaña comeza o 21 de maio. A vacinación farase pola mañá”, segundo sinala o Concello de Sober.

O calendario da campaña será:

-Xoves 21 de maio: CANAVAL, VILAESCURA, ROSENDE, MILLÁN

-Luns 25 de maio: REFOXO, SOBER, PROENDOS, LIÑARÁN

-Martes 26 de maio: ANLLO S.E., ANLLO S.M.

-Mércores 27 de maio: FIGUEIROÁ, BOLMENTE, BARANTES

-Venres 29 de maio: SANTIORXO, PINOL, LOBIOS

-Luns 1 de xuño: GUNDIVÓS

-Martes 2 de xuño: AMANDI, DOADE

-Xoves 4 de xuño: NEIRAS

-Venres 5 de xuño: BULSO, SANTA CRUZ

Aqueles que xa estean vacinando os seus cans co veterinario do percorrido xa son visitados regularmente noutras épocas do ano.

Os prezos son:

-Vacina Rabia 15 euros.

-Implantación Microchip + Pasaporte oficial asociado (‘cartilla’): 33 euros.

-Outras Vacinas ou Trámites: preguntar ao veterinario.

Artigos relacionados

Back to top button