PolíticaÚltima hora

O Concello de Sober elaborará un informe de impacto de xénero dos orzamentos municipais

A proposta foi levada ao pleno por parte do alcalde, Luis Fernández Guitián

O Concello de Sober aprobou onte, día 23 de xullo nun pleno, a elaboración dun informe de impacto de xénero dos orzamentos municipais. Así, esta proposta da alcaldía ten como obxectivo facer unha análise das actuacións dende unha perspectiva de xénero, centrándose sobre todo na situación de mulleres e homes en relación cos programas de gasto.

 

O alcalde de Sober.

 

O alcalde, Luis Fernández Guitián, explica que o concello de Sober “elabora os seus orzamentos baixo esta perspectiva de xeito habitual, pero consideramos que é o momento de dar un paso máis, de xeito que se teña que facer a modo de norma de obrigado cumprimento”.

Artigos relacionados

Back to top button