ConcellosSoberÚltima hora

O Concello de Sober entrega mascarillas reutilizables e personalizadas ao alumnado e profesorado do colexio

Colabora tamén co centro escolar no programa "Concilia" e este curso incorporará un conserxe ao centro escolar

Algunhas das mascarillas que o Concello de Sober entregará no colexio do municipio./ Foto cedida.

 

O Concello de Sober vai entregar mascarillas reutilizables e personalizadas ao alumnado e profesorado de CEIP Plurilingüe Virxe do Carme para o curso 2020-2021, marcado pola nova normalidade.

“Cada persoa recibirá do Concello tres máscaras personalizadas para que dispoñan de unidades de cambio suficientes”, explica o alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, “tanto o alumnado coma o profesorado recibirán tamén un estoxo porta máscaras personalizado”.

Programa “Concilia”

Esta doazón de material de prevención fronte ao Covid-19 engádese a outras iniciativas coas que o Concello de Sober colabora co colexio público do municipio. Así, a partir do 1 de outubro, porase en marcha cumprindo os protocolos anti-covid establecidos polas autoridades sanitarias o programa “Concilia”, que inclúe tanto o servizo Madrugadores coma as Ludotardes para a atención dos nenos e nenas antes e despois do horario lectivo.

O alcalde explica que, “ademais deste servizo que pretende favorecer a conciliación laboral e familiar, este curso o Concello incorporará un conserxe para colaborar co profesorado do CEIP Virxe do Carme nas tarefas que consideren necesarias”.

A maiores, desde a Consellería de Educación fixéronse melloras no centro, como a ampliación da biblioteca, novas cociñas, melloras no sistema de electricidade e está en obras un novo salón de actos.

Artigos relacionados

Back to top button
Close