ConcellosÚltima hora

O Concello de Sober entregará de forma gratuíta sulfatadoras aos 25 concellos da Ribeira Sacra

Deste xeito busca "axudar aos concellos veciños nas tarefas de limpeza e desinfección dos espazos públicos que están levando a cabo como consecuencia do coronavirus"

O alcalde de Sober xunto ao material que doará aos concellos da Ribeira Sacra./ Foto cedida.

 

O Concello de Sober vén de xestionar coa empresa local PulviPlass Ibérica a entrega gratuíta de sulfatadoras de alta presión con diversos tipos de boquillas e máscara protectora para entregar en todos os concellos da Ribeira Sacra. Deste xeito esta administración local busca “axudar aos concellos veciños nas tarefas de limpeza e desinfección dos espazos públicos que están levando a cabo como consecuencia do coronavirus”.

O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, explica que desde este venres farán entrega dos equipos, que levan por nome Sober, aos concellos da Ribeira Sacra para que poidan empezar a empregalos canto antes, como así o vén facendo a localidade desde que se decretou o estado de alarma.

A entrega farase nos 25 concellos que pertencen á Ribeira Sacra das provincias de Lugo e Ourense. A partir de agora disporán de máquinas de alta presión con xogo de boquillas, unha dobre especialmente indicada para desinfección.

O reparto vai facerse a través dos GES e Grupos de Protección Civil da Comarca, que colaborarán co Concello de Sober nesta iniciativa.

O rexedor de Sober agradece tamén a colaboración de PulviPlass Ibérica, a única empresa deste sector que fabrica en Galicia.

 

Artigos relacionados

Back to top button