ConcellosSoberÚltima hora

O Concello de Sober mantén aberto o prazo para o arrendamento do albergue “Barbagelata”

O edificio conta con 14 prazas e está emprazado na rúa Cuartel

O Concello de Sober mantén aberto ata o día 6 o prazo para o contrato de arrendamento do ben patrimonial municipal situado na Rúa Cuartel de Sober para a xestión e explotación do albergue “Barbagelata”. O orzamento base de licitación está fixado en 446,28 euros.

 

 

As ofertas poderán presentarse ata o día 6 de agosto ás 14:00 horas. Pode accederse a toda a documentación no apartado ‘Perfil do Contratante’ da páxina www.concellodesober.com. O contrato será por dous anos con posibilidade de prórroga por un ano.

O Concello de Sober encargouse de acondicionar o edificio, que conta con 14 prazas, e instalar o mobiliario. O establecemento ten algo máis de cen metros cadrados útiles divididos en tres plantas. As habitacións están nos dous pisos superiores. A estética é similar a dos hostels que proliferan nas cidades europeas.

Artigos relacionados

Back to top button