ConcellosÚltima hora

O Concello de Sober ofrece a partir do luns un servizo gratuíto para levar comida a domicilio

Farase a través do persoal de Protección Civil deste municipio lucense

Casa do Concello de Sober./ Foto cedida.

 

O Concello de Sober ofrece a partir do luns un servizo gratuíto para levar comida a domicilio a través do persoal de Protección Civil da localidade.

O goberno local estaba a artellar este servizo que “pon en marcha con carácter inmediato para axudar aos veciños e veciñas que o necesiten e non teñan medios de desprazamento para que poidan así permanecer nas súas casas e lograr conter o coronavirus”, segundo informa esta administración local.

O servizo debe solicitarse previo contacto co Concello de Sober ou cos Servizos Sociais municipais a través dos números de teléfono 982460001 e 982460513.

O servizo que pon en marcha o Concello de Sober facilitará o envío do xantar que serven a través destes dous restaurantes, a compra en supermercados de Sober, medicamentos ou outras necesidades básicas imprescindibles.

Ademais o Concello recórdalle aos veciños que “é moi importante permanecer na casa, salvo desprazamentos de causa maior”.

O servizo que ofrece o Concello é a maiores ao que existe na hostalaría soberina. Varios restaurantes do municipio lucense ofrecen desde este sábado 14 de marzo servizo de comida para levar, pero debe de facerse previamente o encargo do menú: Restaurante Parada e A Cantina dos Meus Avós. No caso de Restaurante Parada tamén se ofrece o servizo de menú a domicilio.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button