ConcellosSoberÚltima hora

O Concello de Sober xa ten novo logotipo

A proposta enviada por Esteban Carbajo Gómez foi elexida por unanimidade

O gañador, Esteban Carbajo Gómez. / Foto: cedida.

 

O Concello de Sober lucirá, a partir de agora, un novo logotipo complementario ao actual escudo. Esteban Carbajo Gómez, residente en Nigrán (Pontevedra), foi o gañador do concurso de deseño convocado polo Concello para buscar un logo que identifique e promocione a Sober. O galardoado recibirá, ademais, un premio de 500€.

O xurado elexiu a proposta por unanimidade entre máis de cen enviadas por 82 participantes de diferentes puntos de España e incluso de Irlanda e México. Valorouse que os deseños recollesen a esencia do municipio e os seus signos de identidade: recursos naturais e turísticos, valores culturais e sectores productivos. O alcalde de Sober quixo agradecer “o interese” que despertou o concurso, a alta participación e a calidade das propostas.

O logotipo gañador toma como referencia os motivos vitivinícolas do escudo actual de Sober e a xeometrización dunha letra capitular románica. Deste modo, o deseño da prioridade á inicial do concello ao tempo que inclúe o pasado medieval e a importancia que o viño ten na zona. Aínda que a cor escollida orixinalmente é o azul, o logotipo tamén se presentou en branco sobre negro e negro con fondo transparente.

 

O novo logotipo do Concello de Sober. / Foto: cedida.

Artigos relacionados

Back to top button