ConcellosTrivesÚltima hora

O Concello de Trives acondiciona a rúa de acceso ao Mosteiro de San Salvador de Sobrado

 

O Concello de Trives vén de realizar unha actuación de limpeza, adoquinado, reposición de tuberías e alcantarillado na rúa de acceso ao Mosteiro de San Salvador de Sobrado. “Comprometidos co noso patrimonio e a súa posta en valor, co turismo e a nosa riqueza histórica acometemos esta obra na que cambiamos as tuberías, puxemos enganches de agua ás vivendas, cambiamos alcantarillado, retiramos o formigón e no seu lugar apostamos polo adoquín en pedra”, tal e como indica o Concello da Pobra de Trives.

 

Aspecto que presentaba a zona antes das obras de acondicionamento.

 

 

Ademais indícase que a elección do adoquín en pedra como material fíxose, seguindo as indicacións de Patrimonio nas distintas visitas que a alcaldesa, Patricia Domínguez, e o tenente de alcalde fixeron aos técnicos “para a boa execución desta obra e aos que agradecemos a súa adicación e colaboración”, aseguran.

Esta intervención muda de maneira substancial o entorno deste mosteiro románico, unha “xoia da nosa cultura que pretendemos por en valor. Colocamos tamén indicacións/sinais e colocamos barandas nas escaleiras de acceso á praza e acometimos a limpeza das escaleiras. Esta obra que supón un paso adiante na aposta decidida polo noso patrimonio e coa que suliñamos un convenio coa Consellería de Turismo para axudar a sufragar o gasto. Está tamén prevista unha visita ao Bispado para proseguir a continuación das obras”, adiantan dende o Concello da Pobra de Trives.

Fotos: Concello de Trives.

 

Artigos relacionados

Back to top button