ConcellosTrivesÚltima hora

O Concello de Trives aposta “pola tecnoloxía, a igualdade e o papel cero”

 

Neste luns 28 de xuño no Concello da Pobra de Trives quedaban instalados dous grandes paneis luminosos nos que cada día se proxectarán imaxes e lemas sobre a igualdade, liberdade e contra a violencia. No día de hoxe, con ocasión do 28X difundiron mensaxes de apoio á comunidade LGTBI como: “gualdade, visibilidade, diversidade, empoderamento e identidade sexual, o amor ten que ser libre”. Ademais do balcón da Casa Consistorial penduraba a bandeira multicor.

Tratouse dunha acción “subvencionada polo goberno do Estado a través da Xunta de Galicia e o Fondo Social Europeo na que o grupo de goberno viña traballando hai tempo na busca da difusión da mensaxe non só aos veciños e veciñas da vila, senón tamén aos visitantes. Os paneis son tamén unha aposta clara deste goberno progresista polas tecnoloxías e a redución da emisión de papel xa que os mesmos servirán tamén como canle de difusión de bandos, eventos, información de diverso índole emitida polo concello e sempre, sensibilización e visibilidade da loita pola igualdade”, destaca o grupo de goberno municipal de Trives.

En definitiva, supón “unha actuación innovadora que contén esa triple aposta pola tecnoloxía, concienciación social e redución de papel”, din dende o grupo de goberno.

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button