Lixeiro incremento no número de casos activos por Covid-19 no municipio de Trives. Segundo vén de comunicar o Concello nun comunicado a través das redes sociais, son seis os positivos confirmados neste momento, un máis que o 10 novembro (última xornada que se notificaban datos). “Trátase dunha persoa que se atopa confinada e con síntomas leves”, segundo o Concello da Pobra de Trives.
Ademais, indícase que na área do PAC de Trives mantense a cifra total de sete casos activos, “ao producirse altas nos concellos veciños”.
Dende o Concello de Trives apélase novamente a extremar as precaucións. “Imos, entre todos, a poñer por favor o máximo coidado preventivo”.