ConcellosEn portadaTrivesÚltima hora

O Concello de Trives confirma dous positivos de coronavirus no municipio

Exterior do Centro de Saúde de Trives./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Logo de meses libre de virus, neste 24 de outubro o Concello da Pobra de Trives vén de confirmar, a través dun comunicado publicado nas redes sociais, a existencia de dous positivos de Covid-19 no municipio. Esas dúas persoas, “atópanse xa confinadas e nos consta se están a avisar aos contactos estreitos para facer as preceptivas PCR”.

Ademais, dende o Concello tamén se indica que, “polo momento, a situación está baixo control se ben é importante non esquecer as medidas preventivas que debemos aplicar con maior rigurosidade” e transmítese o “moito ánimo ás persoas afectadas” e tamén á veciñanza coa confianza de que “voltaremos a superar esto”.

Artigos relacionados

Back to top button