ConcellosTrivesÚltima hora

O Concello de Trives confirma un novo caso de Covid no municipio

Exterior do Concello da Pobra de Trives./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

A través dun breve comunicado nas redes sociais, o Concello de Trives vén de notificar un novo caso de Covid-19 neste municipio.

“Tres membros da súa familia (2 con síntomas), están pendintes da proba PCR. Todos atópanse illados. Non teñen contactos coñecidos con actuais positivos”, explica o Concello de Trives, que ademais pide á poboación que sexa “máis prudente que nunca” e que “aplique estritamente as medidas preventivas” e transmítelle o seus ánimos ás persoas afectadas e á veciñanza en xeral.

Este novo caso súmase aos 14 de coronavirus xa confirmados ata o de agora polos concellos da Área do PAC de Trives (Trives, Manzaneda e San Xoán de Río).

Artigos relacionados

Back to top button