ConcellosTrivesÚltima hora

O Concello de Trives executa obras de saneamento en Sobrado

Sobrado (Trives)./ Cedida.

 

Dende o Concello da Pobra de Trives vén de informarse da execución das obras de saneamento na localdiade de Sobrado, o que suporá un investimento de 43.948 euros. Ata o de agora este núcleo “non tiña rede de saneamento, o que implica que cada vivenda se ocupaba por conta propia da evacuación das augas fecais xeradas na propia vivenda, así como do tratamento das mesmas”, asegura o grupo de goberno trivés, indicando ademais que non é “o único pobo do municipio nesta situación”.

Neste senso, dende o goberno local realizouse un estudo dos distintos núcleos para “dar solución a un problema de urxente necesidade no século en que vivimos para proporcionar un servizo axeitado aos habitantes do lugar, así como un tratamento das augas que se verten ao medio natural, para cumprir coa normativa de aplicación respecto a verteduras de augas residuais ao medio natural e coidar da natureza”.

Dende o Concello buscouse financiamento para este tipo de actuacións. “Preparamos proxectos e na primeira liña de subvencións, presentámolos. Trátase dunha liña de subvencións de concorrencia competitiva; isto é, os proxectos que evaluados por técnicos teñan maior puntuación resultan gañadores. E gañamos así o proxecto para Sobrado por ser o pobo que tiña as necesidades que máis se axustaban a esa subvención concreta 43.948€ para a execucion da la obra na que o Concello pon o 20%”, di o grupo de goberno trivés.

 

Cedida.

 

Está subvención provén dos fondos que as Comunidades Autónomas reciben do Goberno central, indica o Concello de Trives, que adianta que “seguiremos reivindicando un convenio para o resto de pobos: porque ese diñeiro debería ir destinado a quen o precisa como é o caso. Seguiremos a presentar os proxectos nas distintas subvencións competitivas”. O grupo de goberno trivés considera “prioritario dar resposta a isto ao que ningún goberno anterior lle deu solución”.

Artigos relacionados

Back to top button