ConcellosÚltima hora

O Concello de Trives, integrado nas Oficinas Redes 060

O DOG do 8 de xuño publicaba unha relación de entidades locais adheridas ao convenio marco entre a Administración Xeral do Estado e a Xunta de Galicia para a implantación dunha rede de oficinas integradas do cidadán no ámbito territorial de Galicia, as Oficinas Redes 60.

Dende este momento da publicación, o Concello de A Pobra de Trives “queda adherido a ese convenio e pódese rexistrar no mesmo calqueira documento que vaia destinado a administración central do Estado. A todos os efectos legais daráselle entrada na Oficina destinada para elo no Concello”, segundo se informa dende esta administración local.

Artigos relacionados

Back to top button