ConcellosTrivesÚltima hora

O Concello de Trives organiza “Talleres de Nadal cosida a man” virtuais

Un vai dirixido a nenos e outro a maiores e impartiranse os días 28 e 29 de novembro a través da plataforma zoom

 

Aprender de forma divertida dende fogar tendo ademais como referencia as vindeiras datas do Nadal. Con este obxectivo o Concello de Trives organizará a finais deste mes dous talleres virtuais gratuítos baixo o título “Nadal cosido a man”. Prográmase un dirixido a calquera persoa que “teña gusto pola decoración navideña e sexa maior de idade e outro para nais/pais e pequenos”. Serán os días 29 e 28 de novembro, respectivamente, en horario de 11h. a 13h. a través da plataforma zoom.

As inscricións poden realizarse chamando ao 988 33 00 00. “A admisión será por orde de inscrición no teléfono do Concello, ademais a inscrición estará limitada á xente empadroada no noso concello. Pechada a fase de inscrición poremos en coñecemento das persoas inscritas o código de acceso á plataforma”, segundo o Concello de Trives.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button