DeportesÚltima hora

O Concello de Trives premia aos atletas da Escola Deportiva Municipal pola súa boa tempada

 

Os atletas da Escola Deportiva de Trives veñen de recibir un recoñecemento por parte do Concello tras a excelente tempada que veñen de rematar. No acto os rapaces recibían unha distinción (trofeo e fotos) por parte do concelleiro Rubén Armenteros.

Os atletas da escola que ganaban medallas nos campionatos galegos de Ribeira e Noia eran Deva Pousada, Martín Rey, Marcos Basalo, Aitor García, Martín Rodríguez, Antón Prieto, Pablo López, Alex Basalo, José Hervella.

 

 

Con este acto “damos por rematada a gran tempada de atletismo das escolas deportivas de Trives, agora imos gozar do verán, que os atletas téñeno moi merecido, e tamén a coller forzas para comezar de novo setembro”, asegura o adestrador da escola, Tino Sierra.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button