ConcellosTrivesÚltima hora

O Concello de Trives programa actividades para celebrar o “Día da Muller e a Nena na Ciencia”

 

Con motivo da celebración o vindeiro 11 de febreiro do Día Internacional anual para recoñecer o rol crítico das mulleres e as nenas na ciencia e na tecnoloxía, o Concello da Pobra de Trives prepara un programa de actividades.

“Centrados nos nosos xóvenes, o apoio na súa educación é a súa plena capacidade para facer poñer as súas ideas como motores do desenrolo, a innovación, o coñecemento e a paz, dende o Concello impulsamos unha serie de accións que terán lugar a partires do día 11 deste mes e ao longo do mes de marzo”, adiantan dende o Concello de Trives.

Entre as propostas figuran os obradoiros “A ciencia en feminino”, actividades de divulgación e un mural da creadora Lidia Cao, entre outras. “Un luxo de cartaz e de programación que iremos avanzando e detallando a medida que den comenzo as distintas accións”, adiantan dende esta administración local.

“A ciencia e a igualdade de xénero son fundamentais para o desarrollo sostible. Aínda así, as mulleres seguen atopando obstáculos no campo da ciencia: menos do 30% de investigadores científicos no mundo son mulleres”, sinala o Concello de Trives.

 

Artigos relacionados

Back to top button