CulturaCulturaÚltima hora

O Concello de Trives recibirá 4.607€ para o equipamento de luz, son e escenario do Auditorio Julio Vázquez

Tamén recibirán subvención da Xunta os concellos de Viana, San Xoán de Río e O Barco para melloras na Casa da Cultura

Entrada do Auditorio Julio Vázquez./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Un total de 39 concellos beneficiaranse este ano da liña de axudas convocada pola Xunta de Galicia para o equipamento e mellora das instalacións e locais empregados para a realización de actividades culturais.

No seu conxunto, as subvencións, que se concederon en réxime de concorrencia competitiva, permitirán reforzar os equipamentos culturais de Galicia con diferentes actuacións que inclúen desde dotar de equipamento e mobiliario, a realización de obras de reforma, ampliación, modernización ou mellora de inmobles, a adquisición de materiais técnicos vinculados ao desenvolvemento das accións culturais ou a mellora da accesibilidade, incluíndo a instalación de ascensores nalgún caso.

No concello da Pobra de Trives, o Auditorio Julio Vázquez recibirá unha subvención de 4.607,42 €, para o equipamento de luz e son e escenario. O concello do Barco recibirá 7.840 euros para a habilitación dunha sala de lectura na Casa da Cultura; e o de Viana do Bolo unha subvención de 9.014 euros para equipamento para a mellora da Casa da Cultura. Ademais o Concello de San Xoán de Río contará con 30.000 euros para a mellora da accesibilidade da súa Casa da Cultura.

Entre os concellos que tamén contarán con axudas nesta liña figura ademais o lucense de Ribas de Sil, que recibirá 10.060,26 euros para equipamento dos locais culturais do Xeoparque Montañas do Courel.

Artigos relacionados

Back to top button