ConcellosTrivesÚltima hora

O Concello de Trives regulariza o uso da Finca da Barreira

Vense de formalizar un contrato de alugueiro cos propietarios que garantiza o uso lexítimo por parte do Concello "o que na práctica, entre outras cuestións, permite o uso da parcela para aparcamento con máis de 7.000 m no casco urbán", di o grupo de goberno trivés

Imaxe cedida.

 

O Concello da Pobra de Trives vén de anunciar que as xestións levadas a cabo dende esta administración local veñen de facer posible a regularización do uso da finca da Barreira.
Recentemente vense “de formalizar un contrato de alugueiro cos propietarios que garantiza o uso lexítimo por parte do Concello o que na práctica, entre outras cuestións, permite o uso da parcela para aparcamento con máis de 7.000 metros no casco urbán. Unha negociación que estaba xa pechada hai meses pero que demorou a firma debido ao inesperado e triste falemento dun dos propietarios”, tal e como se explica dende o Concello de Trives.

Ademais dende esta administración local resaltan “a importarcia de dotarse de seguridade xurídica para os intereses de ambas partes. Unha situación que ata a chegada deste goberno local, non constaba formalizada de ningún xeito”.

Así, a partir de agora a veciñanza de Trives poderá desfrutar e facer un uso responsable deste espazo, xa que “se procedeu a desbrozar por parte dos servicios muncipais”, indica o Concello.

Artigos relacionados

Back to top button