Os nenos das escolas deportivas municipais, así como os veciños afeccionados ao atletismo, xa dispoñen dunha zona de adestramento neste deporte en Trives. O Concello vén de finalizar o acondicionamento da pista de atletismo no campo de fútbol do Agro “para dar cobertura ás necesidades en canto a deporte”.
Ademais dende o Concello de Trives infórmase de que está aberto o prazo de inscrición nas escolas deportivos para as rapazas e rapaces de entre 7 e 13 anos. “Deporte saudable dentro do cumprimento estrcto da normativa para prevención do Covid-19”, destacan dende esta administración local.
Fotos: Concello da Pobra de Trives.