ConcellosÚltima hora

O Concello de Trives reparte mascarillas gratuítas entre a veciñanza

 

Durante os últimos días o Concello da Pobra de Trives vén de facer entrega de mascarillas gratuítas a toda a poboación tendo en conta o inicio da desescalada. Este material de protección foi “adquirido polo propio consistorio con fondos propios”, indica a alcaldesa de Trives, Patricia Domínguez.

Despois do reparto de mascarillas FFP (tamén adquiridas con fondos municipais) realizado antes do 27 de marzo á poboación infantil, “vimos de cubrir agora esta entrega para toda a poboación adulta, de xeito que poidan desenvolver os paseos permitidos polo goberno ou saídas dos seus domicilios en condicións de máxima seguridade”, indican dende o Concello de Trives.

Ademais esta administración local infomra de que “debido á uxencia dos preparativos para que a poboación as puidera recibir con anterioridade a este 2 de maio, fíxose unha entrega masiva, na que se advirte que se algún veciño/a censado no municipio ou non, non a recibira, se poña en contacto co Concello para solicitar a entrega da mesma”.

O Concello da Pobra de Trives lembra, así mesmo, a importancia de extremar as precaucións en toda a poboación: “extremar as medidas de hixiene (lavado frecuente de mans…), evitar levar as mans á mucosas (ollos, nariz, boca), manter a distancia de seguridade (2 m) e contactar co Centro de Saúde se se advirten síntomas (febre, tos, problemas respiratorios, dores musculares ou de cabeza, erupcións cutáneas…)”.

Artigos relacionados

Back to top button