ConcellosÚltima hora

O Concello de Trives retomará o programa “Domingos de Praia” o 15 de xullo

Cartel deste programa.

Comeza a segunda tempada do programa “Domingos de Praia”, unha iniciativa que o Concello de Trives poñía xa en marcha no pasado verán. Trátase dunha actividade que pretende “facilitarlle a toda a veciñanza que poida pasar un día na praia sen necesidade de ir no seu coche”, explican dende a organización.

O programa porase en marcha novamente o vindeiro domingo 15 de xullo, tendo como destino Baiona. Cada persoa que queira disfrutar desta xornada de praia pagará 20€ (prezo que soamente inclúe a viaxe ida e volta en autobús).

A saída de Trives cara Baiona será ás 8:30h da mañá dende a Praza do Concello e o regreso ás 19h dende a praia cara Trives. As persoas interesadas deberán dirixirse á Oficina de Turismo (988 33 09 67) e cubrir a folla de inscrición. O prazo para apuntarse rematará o xoves día 12 de xullo.

“Poderán viaxar as persoas maiores de idade (se son menores deberán ir baixo a responsabilidade dunha persoa maior que vaia en dita viaxe) e para realizar a viaxe o aforo mínimo serán 20 persoas e o aforo máximo 50 persoas.

Artigos relacionados

Back to top button