ConcellosTrivesÚltima hora

O Concello de Trives solicita á Xunta a “urxente limpeza da Ponte Bibei”

O alcalde en funcións trivés vén de remitirlle un escrito pedíndolle que se proceda "á limpeza e acondicionamento desta xoia romana"

Imaxe da Ponte Bibei./ Foto: A.R.

 

Dende o Concello da Pobra de Trives vén de remitirse un escrito dirixido á Xunta para “reiterar a urxente necesidade de que procedan á limpeza e acondicionamento da Ponte Bibei, que se asenta na estrada titularidade da Xunta de Galicia”, tal e como se indica no texto, asinado polo alcalde en funcións, Miguel Sierra.

Nese documento remitido o Concello lembra a importancia e valor desta ponte, de referencia na Hispania romana e que mantén íntegra a súa factura orixinal. “Asentada sobre o río do mesmo nome, BIC da Ribeira Scra, da época do emperador Traxano, foi construída para dar continuidade á Via XVIII. É unha soberbia construción que se mantén inquebrantable co paso do tempo e sobre a que seguen circulando vehículos, incluso camións pesados. Unha verdadeira xoia da arquitectura romana de incalculable valor que, nembargantes está cuberta de maleza”, segundo o Concello.

Neste senso, o Concello de Trives “fai un chamamento á sensibilidade, á coherencia, e á responsabilidade para que procedan á limpeza e acondicionamento desta xoia romana (…) porque é obriga dos políticos coidar o que é de todos, preservalo, coñecelo e valoralo”.

Artigos relacionados

Back to top button