DeportesÚltima horaXimnasia rítmica

O Concello de Verín abre a inscrición para un curso de ximnasia rítmica

 

A Concellaría de Deportes de Verín abre, do 4 ao 15 de outubro, o prazo de inscrición para o curso de Ximnasia Rítmica 2021/2022. A lista de admitidos confeccionarase por rigorosa orde de presentación das solicitudes. Para a prestación do servizo de cada unha das modalidades deportivas ofertadas será necesario que a porcentaxe de rexistrados na actividade consiga o mínimo pertinente considerado pola organización.

As persoas interesadas en inscribirse deberán enviar asinada a documentación que se atopa dispoñible na web oficial do Concello de Verín (www.verin.gal) ao mail das escolas deportivas: efcverin@hotmail.com. No caso de non enviar algún dos documento solicitados, o menor non poderá iniciar a actividade deportiva.

Para máis información, ademais de consultar a páxina web municipal, todos os interesados poden chamar ao teléfono 660 776 564.

As actividades que englobarían este club estarán destinadas a menores de entre 4 e 16 anos, divididos en dous grupos: os menores de 4 a 6 anos poderán gozar de actividades físicas de base, mentres que aqueles que teñan entre 7 e 16 practicaran a modalidade de ximnasia rítmica.

“Entre os beneficios deste deporte podemos atopar a mellora da condición física e da flexibilidade e a estimulación da coordinación e da concentración. Axuda a conectar co espazo e o tempo, a coñecer o propio corpo e os seus movementos e a corrixir malas posturas. Trátase dunha actividade física completa que se converte nunha alternativa perfecta para que os máis pequenos se manteñan activos mellorar así a súa calidade de vida”, segundo informa o Concello de Verín.

 

Artigos relacionados

Back to top button