EconomíaEconomíaÚltima hora

O Concello de Verín abre o prazo para solicitar as axudas dirixidas á hostalaría

 

Dende o 15 de outubro está aberto o prazo no Concello de Verín para solicitar as axudas dirixidas ás empresas de hostalería, adheridas ao peche voluntario de bares e terrazas, que se prolongará do 13 ao 22 de outubro. Este peche ten como finalidade conter a propagación do COVID-19 no municipio, tal e como se indica dende o Concello de Verín.

Poderán ser beneficiarios destas axudas os traballadores autónomos e empresarios que exerzan a súa actividade económica como café-bar no concello de Verín e que se visen afectados pola crise derivada do COVID19.

As bases das axudas poden consultarse neste documento:

BASES_DAS_AXUDAS_HOSTALERIA_POLO_PECHE

Artigos relacionados

Back to top button