ConcellosÚltima hora

O Concello de Verín acorda cancelar as actividades do Lázaro polo coronavirus

Escudo de Verín no salón de plenos deste Concello.

 

A través dun comunicado o grupo de goberno municipal de Verín (reunido de xeito extraordinario) vén de acordar neste xoves 12 de marzo “a cancelación das actividades programadas no marco das festas patronais do Lázaro (evento que ten unha prevista afluencia de público que supera as 1000 persoas) para evitar así a posible transmisión do coronavirous/COVID-19 entre a poboación”. O obxectivo “prioritario”, segundo o Concello é “protexer a saúde da cidadanía”.

Na nota emitida explica que a “proximidade da fronteira con norte de Portugal, así como as particularidades na  pirámide demográfica da nosa comarca (cun 33% de poboación que supera os 60 anos) motivaron a decisión unánime do goberno de pospoñer as celebracións centrais do Lázaro e os eventos deportivos asociados ao mesmo, así como as feiras ordinarias, as III Xornadas de Novela Histórica, e o II Torneo de Debate,  para contribuír a non propagación do mencionado virus entre a poboación”.

O alcalde en funcións de Verín, Diego Lourenzo Moura, lanzaba ademais unha mensaxe de calma e resaltaba que “a decisión deste grupo de goberno tomouse sempre seguindo as recomendacións emitidas pola Consellería de Sanidade en materia de prevención de posibles contaxios e contención da propagación do coronavirus/COVID-19, necesarias para a vixilancia e control en materia de saúde pública”. Así mesmo,  esta medida “foi comunicada tamén a xefa territorial de Sanidade de Ourense así como o grupo da oposición municipal”, segundo o Concello.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close