ConcellosÚltima horaVerín

O Concello de Verín activa un protocolo de atención ao público con medidas fronte ao Covid-19

Pretende limitar ao mínimo as interaccións, as relacións sociais e a mobilidade dos veciños do municipio vila coa finalidade de previr a expansión do coronavirus

 

O Concello de Verín activará mañá un protocolo de medidas destinadas a limitar ao mínimo as interaccións, as relacións sociais e a mobilidade dos veciños e veciñas da vila coa finalidade de “previr a expansión do Covid-19”. Esta normativa estará vixente nas instalacións que continúan abertas: a Casa do Concello, a sede de Servizos Sociais e a oficina da Policía Local.

No citado protocolo incorpóranse en todo momento as recomendacións de actuación establecidas pola autoridade sanitaria competente, neste caso a Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia, así como as unha serie de medidas específicas estipuladas polo Concello de Verín.

Unha delas é que “quedan abertas, vía telefónica ou telemática, todas as consultas. No caso de que calquera veciño ou veciña considere que debe ser atendido presencialmente nalgunha das instalacións nomeadas anteriormente, ten que chamar por teléfono (988 410 000) para solicitar unha cita”, segundo o Concello de Verín. “O funcionario ou persoal da instalación valorará a urxencia ou necesidade improrrogable da consulta presencial, de ser así establecerá unha cita con día e hora”.

Ademais o veciño persoarase na instalación municipal “como máximo con 5 minutos de antelación á cita. Na porta estará presente un control de acceso que comprobará se existe cita nunha listaxe elaborada por cada servizo diariamente. No caso de non ter solicitado cita, non será atendido”, indica o Concello.

Artigos relacionados

Back to top button