ConcellosEntroido 2021Última horaVerín

O Concello de Verín amplía ata o 16 de febreiro a venda das súas “mascarillas entroideiras”

Desde que se puxeron á venda o pasado luns, vendéronse máis de 500 unidades, segundo informa a concelleira de Cultura

Foto: Concello de Verín.

 

O Concello de Verín vén de anunciar a ampliación do período de venta das súas “mascarillas entroideiras” debido á gran demanda experimentada na última semana. “Desde que se puxeron á venda o pasado luns, ata hoxe, vendéronse máis de 500 máscaras”, explicou a concelleira de Educación Cultura e Festexos, Emilia Somoza. “É por isto que ampliaremos un par de días máis, os vindeiros luns e martes, o período de venda”.

Estas mascarillas poden mercarse na taquilla exterior do Pavillón Municipal de Deportes (rúa Irmáns Moreno) por un prezo de 5 euros, ata o próximo martes 16 febreiro. (sábado e domingo perchado) Horario: Pola mañá, de 10:00 a 13:00; Pola tarde, de 16:00 a 18:00 horas.

O deseño das máscaras foi elaborado pola artista local, natural de albarellos, Aurora López e o propio cubre bocas, hixiénico e reutilizable, fabricado pola empresa Nicandra con tecido homologado pola normativa UNE0065 para filtrar e protexer ante a COVID-19.

Artigos relacionados

Back to top button