CulturaCulturaÚltima hora

O Concello de Verín anuncia que suspende a programación do Entroido 2021

Cigarróns percorrendo as rúas de Verín no pasado Entroido./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

O Concello de Verín vén de anunciar a súa decisión “non programar ningún tipo de actividade para o Entroido 2021, debido á actual situación sanitaria provocada polo Covid-19. Esta decisión adóptase por causa de forza maior, como acto de responsabilidade, e pensando exclusivamente na saúde e na seguridade de todas as persoas”, aseguran

A concelleira de Educación, Cultura e Festexos, Emilia Somoza, sinala que “desde o Concello de Verín temos a responsabilidade social de poñer todo o que estea da nosa parte para evitar potenciar calquera tipo de evento ou celebración, máis aínda se falamos de eventos multitudinarios como o Entroido, que poidan provocar aglomeracións de xente que poñan en perigo a saúde pública. Cremos que coa actual situación sanitaria ninguén entendería que Verín celebrase un entroido no que a xente non puidese gozar libremente da festa nas súas rúas e da particular “anarquía” que caracteriza a estes tradicionais festexos”.

Así mesmo, Emilia Sonoza, tamén fai un chamamento aos veciños e veciñas para que actúen con responsabilidade individual, respectando en todo momento as medidas de prevención vixentes decretadas pola Xunta de Galicia.

Artigos relacionados

Back to top button