ConcellosÚltima hora

O Concello de Verín desenvolve un plan de seguridade viaria nos colexios

Comezou cun acordo co centro Amaro Refojo para a vixilancia das entradas e saídas dos cativos e a instalación dunha baranda
Plan de seguridade viaria nos colexios de Verín.
Plan de seguridade viaria nos colexios de Verín.

Mediante acordos cos centros escolares da vila, que recollen as inquedanzas dos pais a alumnos, o Concello de Verín implanta un plan de seguridade viaria.

A tal efecto, o ente municipal adianta que aplicará unha serie de medidas en horario de entrada e recollida dos nenos, que empeza coa instalación dunha baranda de seguridade na porta do colexio Amaro Refojo, para “evitar a saída descontrolada dos menores á Avenida de Laza, que ten a calzada inmediatamente adxacente ao centro”, explican dende o Concello de Verín.

As medias a aplicar, que se estenderán aos colexio Princesa de España e María Inmaculada, contemplan o apoio de persoal do Concello para a vixilancia nas horas de entrada e saída, así como o redeseño das zonas viarias de entrada. Segundo o acordo acadado co ente municipal, os pais poderán acceder ao centro para recoller aos cativos.

Artigos relacionados

Back to top button