EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

O Concello de Verín e o CRDO Monterrei colaborarán na organización da feira do viño desta denominación

O rexedor verinés e a presidenta do organismo vitivinícola veñen de asinar un convenio
A presidenta do CRDO Monterrei e o alcalde de Verín, na sinatura do convenio./ Foto: Concello de Verín.

O alcalde de Verín, Gerardo Seoane, e a presidenta do C.R.D.O. Monterrei, Lara Da Silva Rodríguez, asinaban o 16 de xullo un convenio de colaboración destinado á organización da XVIII Feira do Viño de Monterrei que terá lugar do 10 ao 12 de agosto.

Dito acordo recolle e formaliza por escrito as acción que aboará cada unha das entidades colaboradoras, unha cuestión que ata hai dous anos só se facía de xeito verbal. No documento figuran, entre outras cuestións, a montaxe do recinto feiral, o scto da Confraría dos Viños de Monterrei, as actuacións musicais e a publicidade.

Pero ademais das tarefas que recolle o convenio, a colaboración entre o Concello de Verín e o Consello Regulador vai máis alá. Como cada ano, ambas entidades procederon xuntas á elección do cartel da XVIII Feira do Viño de Monterrei e estanse a articular conxuntamente nas restantes acción deste evento vitivinícola considerado como o máis importante do ano para a Denominación de Orixe Monterrei.

Artigos relacionados

Back to top button