ConcellosÚltima hora

O Concello de Verín recibe o premio “Mellor Entroido de Galicia” de Gadisa

Acto de entrega do premio no Concello de Verín./ Foto: Concello de Verín.

 

Verín é o Concello gañador do concurso “O meu entroido é o mellor!”, promovido por Gadisa. O premio consiste en 30.000€. En representación de Gadisa o galardón era entregado na mañá deste luns 13 de xaneiro por Melisa Pagliaro, directora de Marketing, e Antonio Cortés, director de RSC, mentres que pola parte do Concello de Verín recibían o primeiro premio o alcalde, Gerardo Seoane; o tenente de alcalde, Diego Lourenzo; e a concelleira de Cultura, Emilia Somoza.

O Concello de Verín agradecía a Gadis esta iniciativa promocional e a implicación de todas as persoas que votaron ao de Verín como o mellor Entroido de Galicia.

Os resultados finais da votación foron os seguintes:
Concello de Verín: 13.993
Concello de Foz: 11.587
Concello de Xinzo de Limia: 468

Artigos relacionados

Back to top button