CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

O Concello de Verín repartirá 2.000 “mascarillas entroideiras” entre os escolares do municipio

Esta é a primeira dun conxunto de accións promocionais que ten preparadas o Concello e que van destinadas a "manter vivo o Entroido de Verín, sempre dunha maneira segura"

O Concello de Verín vén de anunciar o reparto de preto de 2.000 máscaras hixiénicas temáticas do Entroido nos centros educativos deste municipio. O deseño deste material de protección, que será entregado o próximo 4 de febreiro (coincidindo co Xoves de Compadres), está baseado na principal figura do Entroido de Verín, o Cigarrón.

“Aínda que sabemos que aos verineses e verinesas non lles fai falta, con esta iniciativa queremos contribuír, de maneira segura, a manter viva a chama do Entroido, neste caso entre os máis pequenos da casa”, explicou o alcalde de Verín, Gerardo Seoane Fidalgo.

A distribución destas máscaras é a primeira dun conxunto de accións promocionais que ten preparadas o Concello de Verín destinadas a manter vivo o Entroido de Verín, sempre dunha maneira segura.

O deseño das máscaras foi elaborado pola artista local, natural de albarellos, Aurora López e o propio cubre bocas, hixiénico e reutilizable, fabricado pola empresa Nicandra con tecido homologado pola normativa UNE0065 para filtrar e protexer ante a COVID-19.

Artigos relacionados

Back to top button