ConcellosÚltima hora

O Concello de Verín reúne aos veciños para abordar a organización do Entroido

A reunión está prevista para o venres 21 de outubro no Salón de Actos da Casa da Cultura desta localidade
Cigarróns durante o Entroido en Verín./ Foto: Carlos G. Hervella.
Cigarróns durante o Entroido en Verín./ Foto: Carlos G. Hervella.

Con fin de facer un deseño colaborativo da celebración do vindeiro Entroido, o Concello de Verín, a través da concellería de Festexos, convoca aos cidadáns interesados en participar na organización desta festa a unha reunión informativa que terá este venres 21 de outubro, ás 20:00 horas, no Salón de Actos da Casa da Cultura verinesa.

Neste encontro trataranse diferentes aspectos de cara ao bo desenvolvemento do Entroido para así, “entre todos/as, coordinar a súa organización e lograr que siga crecendo en calidade, seguridade e atractivo turístico, sen perder as súas máis arraigadas tradicións”, segundo se indica dende o Concello.

Emilia Somoza, concelleira de Cultura e Festexos de Verín, asegura que esta xuntanza será “a primeira de moitas”, desde o seu departamento búscase “animar aos/ás verineses/as a participar de maneira activa na preparación do Entroido”. A edil indica que “o Entroido é unha festa que xorde do mesmo pobo, desde tempos ancestrais e por iso queremos crear estes encontros de participación cidadá para coñecer as ideas de todos/as”.

As persoas interesadas en ampliar máis información poden chamar ao teléfono 988 41 00 01 ou escribir un correo electrónico ao enderezo cultura@verin.gal .

Artigos relacionados

Back to top button