CulturaCulturaÚltima hora

O Concello de Verín suspende a cabalgata estática de Reis

Casa Consistorial de Verín./ Foto: Concello de Verín.

 

O Concello de Verín vén de anunciar esta tarde a través dun comunicado que se suspende a cabalgata estática de Reis que estaba prevista para a tarde do 5 de xaneiro. “Nos últimos días o Concello de Verín esta a experimentar un importante incremento de casos activos por Covid-19, así como de persoas que se atopan gardando corentena no seu domicilio e que, previsiblemente, provoquen un aumento significativo da incidencia da enfermidade na nosa vila. É por este motivo que, pensando exclusivamente na saúde de todos os veciños e veciñas, o Concello de Verín ven de acordar a suspensión da Cabalgata Estática de Reis para evitar así calquera aglomeración de xente que poida poñer en risco a saúde Pública”, asegura o Concello.

Así mesmo indícase que, pese a que o evento contaba cun estrito protocolo de seguridade adaptado ás medidas sanitarias vixentes, o Concello “quere evitar poñer en risco a pequenos e maiores e toma esta decisión como medida preventiva e apeando a responsabilidade colectiva”.

Desde este organismo municipal fan “un chamamento aos veciños e veciñas para que actúen con responsabilidade individual xa que a situación que se vive o Verín é moi delicada”.

Artigos relacionados

Back to top button