ConcellosÚltima horaViana do Bolo

O Concello de Viana adquire un tractor 4×4

 

O Concello de Viana do Bolo xa dispón dun vehículo tipo tractor 4×4, con dúas máquinas desbrozadoras, unha de arrastre e outra de brazo, para o mantemento e conservación de camiños e vías rurais e para a prevención de incendios forestais.

O custo do vehículo, cuxa adquisición anunciara xa hai uns meses, correu a cargo da Deputación de Ourense, da Consellería de Medio Rural e do Concello de Viana.

 

Artigos relacionados

Back to top button