ConcellosÚltima horaViana do Bolo

O Concello de Viana anuncia o inicio das obras de mellora do acceso ao Cabo da Vila

O alcalde de Viana do Bolo, Abelardo Carballo, tras un pleno./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Nos próximos días está previsto o reinicio das obras de mellora e acondicionamento do vial de acceso ao barrio vianés do Cabo da Vila pola Rúa do Sarito, no seu entronque coa estrada de Vilariño de Conso.

Estas obras estaban paralizadas, segundo o Concello, ao non haber acordo cos propietarios dun dos terreos afectados pola escavación. O alcalde de Viana do Bolo, Abelardo Carballo, vén de manter unha xuntanza cos titulares destes terreos afectados, que “cederon os metros necesarios para que poidan reiniciarse as obras”, indica o rexedor, quen resalta que “por parte de todos os propietarios afectados, houbo dende o primeiro momento boa predisposición para solventar o problema e para ceder os metros que foran necesarios para levar a cabo o acondicionamento dun acceso que reverte en beneficio da vila”.

Así mesmo, os servizos correspondentes da Deputación de Ourense, deron o visto bo á documentación gráfica presentada desde o Concello de Viana, que define e delimita ese novo enlace, coa estrada OU-0908, segundo informa o alcalde.

Artigos relacionados

Back to top button