ConcellosEn portadaÚltima horaViana do Bolo

O Concello de Viana confirma 23 positivos de Covid no municipio

O municipio figura dende hoxe en nivel de alerta 3 do mapa epidemiolóxico de Sanidade

Exterior do Concello de Viana do Bolo.

 

A última hora desta mañá de 29 de outubro que o Concello de Viana do Bolo vén de notificar, a través dun bando, que neste municipio rexístranse un total de 23 casos positivos de Covid-19, incluídos os da residencia de maiores, segundo os datos que lle comunicou o Sergas. “A situación da residencia atópase estabilizada, sen confirmarse novos positivos entre os seus traballadores e residentes”, indica o alcalde vianés, Abelardo Carballo.

“Estas cifras”, apunta o rexedor no bando, “supoñen que o Concello de Viana do Bolo, dende o día de hoxe, pasa a estar en nivel 3 de alerta, tal e como se reflicte no Mapa epidemiolóxico publicado pola Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia” e matiza que, “dada esta situación, prégase ás veciñas e veciños de Viana do Bolo que extremen as medidas que esixen as autoridades Sanitarias de hixiene persoal ecolectiva e o mantemento da debida separación entre as persoas”.

Medidas de cara ao Día de Todos os Santos

O rexedor tamén lle pide á veciñanza que se “limiten ao máximo as reunións familiares e que non se realicen reunións sociais”. E, tendo en conta a proximidade do Día de Todos os Santos o 1 de novembro,  “prégase á veciñanza, en base á Nota Informativa publicada pola Direcciónde Saúde Pública, que se adopten rigorosamente as seguintes medidas de prevención: en todo caso, deberán respectarse as medidas de protección persoal: uso de máscara, lavado de mans e mantemento dunha distancia de seguridade de 1,5 metros, así como o uso de panos desbotables ó tusir ou esbirrar, e desbotalos nunha papeleira tras o seu uso (de non dispoñer de panos, deberase cubrir a bocae o nariz coa flexura do cóbado”.

Así mesmo, “o número máximo de persoas por grupo de visitas do mesmo grupo familiar/conviventes será de 4 persoas. A duración da visita ao cemiterio deberá ser o máis breve posible e, en ningún caso, deberá ser superior a 30 minutos. A circulación no Cemiterio realizarase mediante o circuíto establecido. A entrada realizarase pola porta situada na rúa San Amaro, e a saída pola porta do Camiño do Cemiterio”.

Artigos relacionados

Back to top button