CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

O Concello de Viana convoca o concurso escolar “Relatos dende o confinamento”

Está dirixido a escolares nados entre 2006 e 2016 e trátase dunha das actividades incluídas no programa das Letras Galegas

 

Con motivo da celebración das Letras Galegas o 17 de maio, o Concello de Viana do Bolo proponlle aos máis pequenos unha actividade “moi orixinal e divertida”. Trátase do concurso “Relatos dende o confinamento” dirixido a escolares nados entre o 2006 e o 2016.

Os nenos poderán presentar un relato “inédito e orixinal” de temática libre e en formato escrito ou vídeo. En ambos casos os deberán estar escritos e editados en galego.

O prazo de presentación dos traballos rematará o 15 de maio.

As bases íntegras do concurso e os premios poden consultarse aquí:

RELATOS2020

Artigos relacionados

Back to top button